Galego

Renovación de abonos do Festival Mozart

O Festival Mozart 2012 inicia a renovación dos abonos o luns 23 de abril as 11 horas tanto nas oficinas do Festival Mozart do Palacio de la Ópera como no Servizo de Venda de Entradas de Novagalicia Banco no teléfono 902 43 4443

_____________________________________________________________________

 

Grandes artistas como Lorin Maazel, Maxim Vengerov ou o Orfeón Donostiarra poñen a Sinfónica de Galicia no epicentro do Festival Mozart Coruña 2012

Vinte anos da Sinfónica de Galicia

A celebración do vinte aniversario da Sinfónica de Galicia abre o Festival cos dous concertos programados os días 12 e 13 de maio nos que Víctor Pablo Pérez, director titular da OSG, dirixe dous programas sinfónico-corais, o primeiro deles co Te Deum de Hector Berlioz e a estrea da Alborada de noite e luz, do compositor galego Juan Durán.

A OSG cerra o seu aniversario o domingo 13 de maio coa interpretación da Sinfonía nº 9 en re menor de Ludwig van Beethoven, preludiada pola Fantasía Coral —con Hyo-Sun Lim ao piano— do mesmo autor e xerme da emblemática derradeira sinfonía beethoveniana. O cuarteto vocal formado por grandes voces internacionais —a soprano Lisa Larsson, a mezzo española María José Suárez, o tenor Torsten Kerl e o baixo Ludovic Tézier— estará acompañado por unha masa coral integrada polo Orfeón Donostiarra e o Coro da OSG que dirixe Joan Company.

Lorin Maazel interpreta a Mahler e Mozart

O director Lorin Maazel preséntase por primeira vez á fronte da Orquestra Sinfónica de Galicia no concerto do 17 de maio. O director estadounidense, unha das máis grandes figuras da dirección orquestral en todo o mundo, vai ofrecer un programa coa derradeira sinfonía de Mozart e a primeira de Mahler, —sinfonías Xúpiter e Titán respectivamente. Maazel é un dos principais intérpretes de Gustav Mahler, do que gravou para Deutsche Grammophon todas as súas sinfonías nunha das integrais discográficas máis celebradas polo público e mais pola crítica.

Logo da explosión sinfónica Mahleriana, a OSG volverá ao repertorio barroco, clásico e romántico coas músicas de Bach, Mozart e Beethoven da man do violinista ruso Maxim Vengerov, na súa dobre faceta de solista e director nun programa no que estará acompañado polo italiano Massimo Spadano —concertino da orquestra galega—, co que ha de ofrecer o Concerto para dous violíns BWV 1043 de Bach. Ademais, Vengerov tamén interpretará o último dos concertos para violín de Mozart e vai dirixir a Sinfonía nº 3 de Beethoven.

Outros camiños

O Festival Mozart contará tamén coa tradicional presenza dun ciclo de música de cámara, defendido polo prestixioso Cuarteto Casals, que ofrecerá un ciclo Schubert no que os días 22, 23 e 24 de maio soarán algúns dos seus grandes cuartetos, dende Rosamunda ata A morte e mais a doncela, acompañados, eso si, por outras músicas e outros cuartetos de Boccherini, Webern, Haydn e Xostacóvich.

Pola súa banda, Iagoba Fanlo e Iván Martín presentan na Coruña a Sonata para violonchelo e piano op. 19 do fillo máis novo de Wolfgang Amadeus Mozart, Franz

Deja un comentario Cancelar respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a class="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>