• spacer
  • spacer
  • spacer

Ruta 1. Sisalde-Costa Arteixo. Datos Técnicos

Datos técnicos Natureza Historia Turismo Fotos e vídeos Descargas
 


Google Maps


A Ruta Sisalde-Costa Arteixo dálle a coñecer ao visitante a diversidade de ambientes naturais que amosa o municipio de Arteixo, desde a área litoral ata a ribeira do río Bolaños. Na parte costeira da ruta, o camiñante pode deleitarse coas grandes formacións areosas das praias O Reiro, Barrañán, As Combouzas, Area Grande (Valcovo), Area Pequena, Repibelo, A Salsa, O Rañal ou Alba/Sabón e os areais de Suevos, así coma coas formacións dunares presentes nos areais. Desde os moitos puntos de observación ou miradoiros que dan á costa, pódense divisar numerosas especies mariñas de aves e algunhas de mamíferos. Na parte interior da ruta, o sendeirista camiña polo tramo fluvial do río Bolaños, que se caracteriza pola súa gran riqueza florística, especies autóctonas de ribeira en sintonía co desenvolvemento industrial do concello.
Lonxitude: 7,7 km
Punto partida: Praia Barrañán
Punto chegada: Arteixo
Percorrido: Barrañán, As Combouzas, Area Grande (Valcovo), Area Pequena, Repibelo, A Salsa, O Rañal ou Alba/Sabón, Suevos e Paseo fluvial do Rio Bolaños
Dificultade: Baixa
Duración: 2,5 h
Material: Calzado cómodo con bo axuste
Apto para bicicleta: Si

MIDE: (Método de Información de Excursións)
Medio: 1 2 3 4 5
Percorrido: 1 2 3 4 5
Desprazamento: 1 2 3 4 5
Esforzo: 1 2 3 4 5
O tempo en Arteixo



spacer

© Consorcio das Mariñas

Top
gipoco.com is neither affiliated with the authors of this page nor responsible for its contents. This is a safe-cache copy of the original web site.