• spacer
  • spacer
  • spacer

Ruta 2. Ríos de Cambre. Datos Técnicos

Datos técnicos Natureza Historia Turismo Fotos e vídeos Descargas
 


Google Maps


A Ruta dos Ríos de Cambre permítenos visitar os principais leitos do municipio. Comenza e remata o seu percorrido no río Mero, pasando polo rego de San Bieito e o río Brexa.

Nesta ruta localízanse os principais valores ambientais do Concello de Cambre asociados á flora e á fauna de ribeira principalmente, aínda que tamén atopamos bosques formados polos carballos, piñeiros e eucaliptos, mais son pequenos o diseminados. A vexetación propia está formada por castiñeiros, carballos, bidueiros, piñeiros…, así como unha forte variedade de plantas, fentos e arbustos.

No tocante á fauna, destacan as aves de ribeira, como os reiseñores e as lavandeiras. Cabe destacar tamén o papel que xoga o próximo encoro de Abegondo-Cecebre, como núcleo principal de diversidade de especies de aves acuáticas invernantes.

A ruta discorre polas localidades de Brexo e Bribes, sendo dúas áreas de especial valor histórico no Concello de Cambre, debido aos castros, cruceiros, igrexias e Mosteiro.

Lonxitude: 13,7 km
Punto partida: Muíños de Cambre
Punto chegada: Muíños de Cambre
Percorrido: Rego de San Benito, Bribes, río Brexa, Peiraio, río Mero
Dificultade: Media
Duración: 4 h
Material: Calzado cómodo con bo axuste
Apto para bicicleta: Si

MIDE: (Método de Información de Excursións)
Medio: 1 2 3 4 5
Percorrido: 1 2 3 4 5
Desprazamento: 1 2 3 4 5
Esforzo: 1 2 3 4 5
O tempo en Cambre

spacer

© Consorcio das Mariñas

Top
gipoco.com is neither affiliated with the authors of this page nor responsible for its contents. This is a safe-cache copy of the original web site.