Non ao Gasto Militar Páxina do Espazo Aberto Antimilitar - Vigo



Inicio

Destinos propostos na campaña de Obxección Fiscal 2012

04 Abr 2012

spacer No Espazo Aberto Antimilitar estamos a preparar a campaña 2012 pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares.Este ano faremos especial fincapé na industria militar, a presentación da campaña a faremos o vindeiro venres 13 cunha charla a cargo de Jordi Calvo (Centro Delás) sobre estes temas.

O que si adiantamos son os destinos que propoñemos este ano para desviar os cartos das vosas declaracións:

- “Asemblea pola defensa do Barrio do Cura”: espazo de confluencia de diferentes persoas que decidiron plantar cara á especulación urbanística que ameaza este pequeno reduto do Casco Vello de Vigo, recuperando a capacidade de intervención das veciñas e veciños na xestión do territorio que habitamos.
A asemblea comezou a súa actividade cunhas “I Xornadas en defensa do Barrio do Cura” celebradas na última semana do pasado mes de novembro, que incluíron unha visita guiada polo devandito barrio, así como a apertura de portas da capela do antigo asilo.

Na actualidade está a impulsar a creación dunha horta comunitaria aberta á veciñanza, nos terreos do propio asilo, recuperando así a súa antiga función hortícola, ameazada no presente, e de cara ao futuro, pola proxecto urbanístico que pretende destruír o barrio no seu conxunto.

- "Campaña contra os centros de menores": grupo que denuncia a situación na que se atopan os rapaces e rapazas internos en centros de menores pechados. Tras os muros destes centros privatizados e xestionados por empresas, fundacións, ONGs prodúcense en demasiadas ocasións agresións, medicación abusiva, malleiras... que supoñen un grave ataque aos dereitos da infancia mási castigada. Máis información: centrosdemenores.com

- Ademais ofrecemos a oportunidade de que os vosos cartos tamén poidan ir dirixidos ao Espazo Aberto Antimilitar: punto de encontro de colectivos e individualidades que cuestionan a existencia do exército como institución; tentando manter o debate sobre a súa utilidade e conveniencia, os seus fins e a súa realidade, e denunciando a crecente militarización da sociedade, así como o desproporcionado gasto humano e económico que supón o seu mantemento.

Os vosos cartos nolos podedes facer chegar á conta do Espazo (Caixarouba): 2080 0046 31 0040026408, lembra que debes indicar "obxección fiscal ao gasto militar" e o nome do colectivo ao que queres que vaian. Se ingresas cartos a outro colectivo, fainolo saber para estimar o número de obxeccións.

Tags:
  • 2012,
  • barrio Cura,
  • centros menores,
  • destinos,
  • espazo aberto antimilitar,
  • obxección fiscal
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • spacer




gipoco.com is neither affiliated with the authors of this page nor responsible for its contents. This is a safe-cache copy of the original web site.