spacer

Unha das exposicións poderá verse no vindeiro Culturgal


BD Banda presenta as súas novas iniciativas didácticas


A linguaxe da banda deseñada e as Cantigas de Santa María son os eixes dos proxectos


Pontevedra, 26 de novembro

A escola de banda deseñada "O Garaxe Hermético" acolle hoxe a presentación das dúas novas iniciativas didácticas que a "Asociación BDBanda" oferta aos centros de ensino en alugueiro durante este curso. Trátase de senllas que exposicións amosan a profesores e alumnos as posibilidades expresivas do cómic e exploran o seu emprego xa na Idade Media.

Germám Ermida, vicepresidente da "Asociación BDBanda" explicará este proxecto canda a Kiko da Silva, director da Escola profesional de banda deseñada "O Garaxe Hermético" e Miguel R. Penas, presidente da "Associaçom Galega da Língua".

As Cantigas de Santa María. Arte BDieval é a primeira das mostras que se presentou para este curso. Editada en portugués, e distribuída da man da Associaçom Galega da Língua (AGAL), nela analízase como esta obra, ademáis da súa importancia musical e literaria, supón un exemplo pioneiro da novena arte.

Trátase de dez paneis a toda cor nos que se analizan, de xeito didáctico algúns dos recursos propios da novena arte que podemos atopar nesta obra de Afonso X, como a composición de páxina, a representación do tempo e a integración de texto e debuxo. Ademais, a mostra achega información de contexto sobre cuestións como a historia, a lingua ou a elaboración dos códices medievais. A exposición ofértase aos centros acompañada dunha guía didáctica na que se propoñen múltiples actividades a partir das cantigas, animando a comprendelas como un proxecto multimedia que se pode abordar desde materias como a literatura, a historia, a música ou a arte.

A outra iniciativa didáctica de BD Banda para este curso é unha nova edición da exposición As bases da banda. A Escola de Banda Deseñada o Garaxe Hermético será a responsable de distribuír este material, que acompañará cunha oferta didáctica de obradoiros e actividades arredor da BD. A exposición céntrase nos elementos da linguaxe da banda deseñada explicados de xeito sinxelo. Os planos, as transicións, a construción dun relato, os estilos de debuxo ou a evolución história da novena arte son algúns dos temas que se tratan neste material, especialmente axeitado para se iniciar na narración gráfica. Ademais, o proxecto comprende unha guía didáctica na que se propoñen actividades para a aula axeitadas para diferentes materias e idades a partir dos contidos da mostra.

Culturgal

A mostra dedicada ás Cantigas de Santa María poderá verse íntegra no Culturgal, que se celebrará en Pontevedra entre o 30 de novembro e o 2 de decembro. No salón BD Banda contará cun stand no que se ofertará información sobre estes proxectos.

Logo do día 2, a mostra fará unha parada, en formato reducido, na Escola profesional de banda deseñada O garaxe Hermético, onde os profesores a empregarán para explicar este apartado da historia da banda deseñada aos seus alumnos.

spacer

DescargarPDF informativo

spacer

DescargarPDF informativo

Acceso restrinxido ao material
As Bases da Banda

Acceso restrinxido ao material
As Cantigas

  • www.bdbanda.com
  • www.ogaraxehermetico.com
  • www.agal-gz.org/corporativo
  • © 2012 BDbanda | info@bdbanda.com

    gipoco.com is neither affiliated with the authors of this page nor responsible for its contents. This is a safe-cache copy of the original web site.