participa no anuario

spacer Abrimos a convocatoria para a partipación no anuario Creatividade Galega 2010 con novidades.

Como sabedes, en 2006 iniciamos a andaina do primeiro anuario da publicidade e do deseño en Galicia. Ano a ano fomos consolidando o proxecto grazas ás persoas e colectivos que paulatinamente foron confiando nel e sumándose, aportando as súas opinións e tratando de mellorar o anuario en cada nova edición.

Froito do proceso de sumar esforzos na promoción do sector da publicidade e o deseño en Galicia xurdiu en 2010 a asociación Creatividade Galega, que para nós é unha culminación e un novo primeiro paso.

Como é normal, un fito tan importante na historia de Creatividade Galega debía tamén reflectirse no anuario de 2010, o primeiro que editará a nova asociación e o quinto para os seus autores. Así pois, nesta nova edición tentamos manter as cousas boas da publicación e introducir dúas melloras froito do feedback que recibimos de vós e que tanto agradecemos.



Creatividade Galega 2010

spacer

1- Incorporamos unha nova sección: “Campañas”. En resposta ás vosas demandas, a nova edición contará cunha categoría propia para as campañas integrais onde se poida apreciar o conxunto creativo dunha serie de pezas.

2.- Facémonos máis selectivos. A partir da edición de 2008 comezamos a destacar en páxinas completas ou dobres páxinas aqueles traballos que acadaban as maiores puntuacións do noso xurado. O novo anuario terá menos traballos e máis espazo para amosalos, sen perder a pluralidade e representatividade que caracteriza a publicación, posto que seguimos estando abertos á participación de todos, asociados ou non.

Convocatoria para Creatividade Galega 2010
spacer


Requisitos de publicación



Os traballos enviados deberán ter sido aprobados, emitidos ou publicados no último ano, excepto aqueles que opten a ser publicados na sección
de promesas.

O número máximo de traballos que pode enviar cada empresa será de 10.

Non poderá haber máis de 3 bodegóns entre os orixinais enviados. Prégase, na medida do posible, evitar a utilización de fondos.

Haberá que especificar o cliente de cada unha das creatividades.

Enviar os traballos en CMYK cunha resolución de 300 ppp.

Capturas de pantalla: en CMYK e 300 ppp e utilizando o navegador SAFARI (Macintosh).

Vídeos: Achegar arquivo .avi e un máximo de 8 fotogramas.

Incorporar a seguinte información de utilidade para elaborar o directorio de compañías participantes: dirección, teléfono, fax, enderezo web,
correo electrónico, persoa de contacto.


Prazo de envío



A participación é gratuita, pero o plazo de recepción de orixinais remata o 1 de marzo de 2011.


Estrutura


O libro mantén as 10 seccións habituais e incorpora “Campañas”:

Imaxe e aplicacións corporativas (logos, papelerías, sinalética,…)

Packaging (embalaxes)

Campañas

Gráfica xeral (carteis e ilustracións, dípticos e polípticos)

Gráfica Publicitaria (anuncios en prensa e revistas)

Exterior (dinámica, estática, mupis, vallas)

Deseño editorial (libros)

Revistas, catálogos e publicacións corporativas

Deseño online

Audiovisual

Soportes alternativos (publicidade en móbiles, viral,…)

Promesas (alumnos das universidades e escolas de Galicia)



Forma de envío



Enviar vía mail toda a información a:

participa@creatividadegalega.org

Envíos postais:

Jesús Pérez Seoane
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Buzón 68
Universidade de Vigo. Campus de A Xunqueira S/N
36005-Pontevedra

gipoco.com is neither affiliated with the authors of this page nor responsible for its contents. This is a safe-cache copy of the original web site.